Galego • Español 

Páxina Inicio

Área Accesibilidade de COGAMI

No 2003 inicia a actividade a área de accesibilidade dentro da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade. Dende COGAMI pensaron que era necesario contar cun departamento especializado en consultas e asesoramento acerca de barreiras arquitectónicas porque así o demandaban os seus usuarios e usuarias. É desta maneira como a área de accesibilidade inicia un labor social a favor das persoas con discapacidade e familias, prestando os seguintes servizos:

1. Servizo aos usuarios

Preséntase como un servizo gratuíto seguindo as directrices de COGAMI de colaborar activamente na accesibilidade dos fogares galegos.

Como mellora no servizo, elabórase un seguimento de calidade consistente en tres fases:

  1.   Detección de barreiras arquitectónicas mediante a visita ao inmoble.

  2.   Análise de datos contrastándoos coa normativa vixente en materia de accesibilidade.

  3.   Corrección do contorno mediante un informe e plano a escala das reformas a realizar.

2. Resultados acadados

Ata decembro do 2011 atendéronse un total de 1550 consultas. No seguinte gráfico amósase a evolución das consultas realizadas na Área de Accesibilidade dende o ano 2003:

Resultados acadados 2009

3. Área de Sensibilización en materia de Accesibilidade

A Área de Sensibilización traballa no contorno da divulgación das características xenéricas das persoas con discapacidade –principalmente física, pero tamén indirectamente sensorial e intelectual-, na difusión do concepto das barreiras sociais e físicas e a necesidade de suprimilas progresivamente. Por tanto, organízanse charlas e conversas nos centros docentes, e no ámbito profesional e administrativo.

  ·      Campaña de sensibilización para escolas, técnicos municipais e cidadanía en xeral. Concellería de Benestar Social do Concello de Vigo.

  ·      Seminario de Accesibilidade. CECAP (Confederación Española de Empresas de Formación) e Chapela.

  ·      Curso de voluntariado especializado en persoas con discapacidade. Arzúa.

  ·      Colaboración co programa VIRADEIRAS– SOLIDARÍZATE para a análise de accesibilidade da Alameda e arredores. Santiago de Compostela.

  ·      Curso de Accesibilidade en postos laborais. Lugo.

  ·      Curso de xestores de voluntariado para a Federación de Persoas con Discapacidade da Provincia de A Coruña (COGAMI Coruña). Santiago de Compostela.

  ·      Seminario de voluntariado con persoas con discapacidade física organizado pola Universidade da Coruña. Campus de Ferrol.